Empresa

Esta iniciativa empresarial parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo, dentro do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Facultade de Ciencias do Mar centrado nas investigación ambientais e territoriais, conformado por persoal de distintas disciplinas dentro das ciencias da terra e ciencias sociais con vocación integradora nun grupo de traballo.

Un dos aspectos máis innovadores desta empresa é o desenvolvemento dunha metodoloxía propia para a Avaliación Ambiental Estratéxica (avaliación de Plans e Programas), regulada pola Directiva 2001/42/CE e posterior transposición ao ordenamento xurídico español mediante a actual "Ley 21/2013 de 9 de diciembre de Evaluación Ambiental".

PLANESGA realiza tamén actividades relacionadas coa elaboración de cartografías e sistemas de información, dándolle resposta á necesidade de estudos territorial-ambientais. Deste xeito PLANESGA aporta unha elaboración rigorosa e ofrece amplitude de datos (información moi completa, traballada e fiable para a toma de decisións).

O ámbito territorial que toma esta empresa como referencia é Galicia e norte de Portugal, e ten o seu emprazamento na área metropolitana de Vigo.

Copyright © 2022 Planesga. Todos os dereitos reservados.

Texto legal | Accesibilidade

Valid XHTML 1.0 Transitional ¡CSS Válido!